A nosa metodoloxía educativa está baseada no escultismo, movemento xuvenil que pretende colaborar na formación integral das persoas no ámbito do tempo libre. A educación en valores, o traballo en equipo, o compromiso individual e colectivo, a asunción de responsabilidades, a capacidade crítica e a defensa do medio ambiente son principios que forman parte do noso programa educativo

O movemento scout caracterízase por ter un método educativo básico e común, consistente nun sistema de autoeducación progresiva adaptado a cada unha das etapas psico-evolutivas do desenvolvemento do individuo. Este sistema se basa en:

 

Educación en valores: O rapaz establece libremente un compromiso persoal ante os seus compañeiros, asumindo unha responsabilidade social, persoal, ética …

A educación pola acción: A aprendizaxe faise  a través da observación, a experimentación e a actividade persoal, permitindo ós participantes realizar accións por sí mesmos e adquirir experiencias persoais. Ponse en práctica a educación pola acción mediante a aplicación da metodoloxía do proxecto: educación activa e utilización do xogo como oportunidade óptima de experimentar, aventurar, imaxinar, soñar, proxectar, crear e recrear a realidade

O contacto coa natureza: O descubrimento da natureza estimula a creatividade, crea vínculos entre os membros do grupo, favorece a comprensión da vida en sociedade e permite valorar a vida sinxela e os ritmos naturais

A metodoloxía de traballo utilizada nas distintas actividades sempre é activa e participativa, incluindo aos destinatarios na planificación e a toma de decisións, así como na avaliación continuada das mesmas

 

 

A vida en pequenos grupos: O pequeno grupo socializa, identifica os seus membros cos obxectivos das actividades e permite profundizar no coñecemento mutuo. Todo isto posibilita a participación, a aprendizaxe e a asunción de responsabilidades. Así créase un espazo educativo e de confianza para medrar e desenvolverse

Coa axuda de adultos: A presenza dun adulto capacitado, que se incorpore á vida do equipo propoñendo e axudando a descubrir, facilita o diálogo e a cooperación, invitando ó grupo a producir o mellor de sí mesmo

A asunción de responsabilidades: A vivencia da participación en diversas actividades, asumindo responsabilidades consigo mesmo e co grupo, axuda ó establecemento dun compromiso persoal libremente aceptado, no que se basa o éxito do equipo

A formación autoxestionada: O rapaz participa no seu propio proceso de desarrollo, formando parte activa das diferentes etapas do método scout

Uns programas progresivos e atraintes: A presentación de técnicas atraintes que se aprenden executándoas, permite estimular o desenvolvemento das aptitudes, motivar unha futura vocación e colaborar na formación da persoa, aportando a seguridade que implica o manexo dunha destreza

A variedade e os centros de interese: A través deles, os rapaces se relacionan co mundo, descubren as súas capacidades e as dos demais, o valor da cooperación e o espíritu de equipo, decatándose do que xuntos poden facer