TROPA/CATAVENTO

(11 A 14 ANOS)

20160726_175237

Este é o tempo no que os nenos e nenas afírmanse a si mesmos: o desexo de aventura faise máis patente, de desenvolven o carácter, as actitudes e a capacidade de vivir en grupo, enriquecéndose persoalmente.

Nesta Sección Scout se traballa en Ventos/Patrullas (grupos pequenos de nenos/as), onde se potencia o compromiso persoal. Elixen os seus propios cargos e adquiren así as súas propias responsabilidades, aprendendo a valorar o traballo en equipo.

Aprenden a tomar decisións por sí mesmos e colectivamente. Fan as súas actividades en contacto coa Natureza e comezan a tomar conciencia do servizo aos demáis. O seu lema é «Sempre Listos».

ESCULTA/IRMANDADE

(14 A 17 ANOS)

whatsapp-image-2016-11-23-at-09-41-43

Cumpridos os 14 anos, os mozos e mozas comezan a traballar nesta rama.

Este é un momento crucial para as ideas, os interrogantes e as ambicións. O grupo cobra enorme importancia e se fan mulleres e homes activos. Non aceptan o ocio pasivo e dirixido, senón que elaboran os seus propios proxectos, aberto ao servicio comunitario, abríndose á sociedade.

Conciben o seu propio proxecto de cambio, a “Empresa ou Proxecto”, eles mesmos/as, responsabilizándose das súas accións e impulsando a súa motivación.

É a etapa na que comezan a fixarse retos: integran a importancia que supoñen os estudos nas súas vidas coas súas aspiracións sociais e as súas ganas de divertirse.

CLAN/RUTA

(17 A 20 ANOS)

14040103_1130503230342210_6155850559431960783_n

Esta é a última etapa da educación scout. Ser Ruta ou Rover é vivir intensamente cada paso que se da, elaborar o proxecto da súa propia vida, empeñarse en cambiar o mundo e, sobre todo, creer que es posible.

Comprométense colectiva e individualmente en accións de cambio e se esforzan por medrar ao tempo como persoa. Elaboran os seus propios proxectos persoais, se marcan metas y se axudan mutuamente a madurar e medrar como adultos comprometidos.

Colectivamente, fan propia a máxima scout de “tratar de deixar o mundo mellor do que o atoparon”. Son xoves comprometidos socialmente, dinamizan, conciencian e axudan aos demáis coa esperanza de cambiar o mundo. O seu lema é “Servir”.