O Grupo Scout Vasco da Ponte  636 somos unha asociación de tempo libre sen ánimo de lucro con sede en Ferrol, Galicia.  Formamos parte de ASDE-Scouts de Galicia e ASDE-Scouts de España, federacións que integran a máis de 300 grupos scouts a nivel estatal e que pertencen á Organización Mundial do Movemento Scout-OMMS, unha confederación de 162 Organizacións Scouts Nacionais cunha rede de máis de 40 millóns de membros repartidos en máis de 1 millón de grupos scouts nas comunidades locais.

Actualmente, o noso grupo está formado por rapaces e rapazas a partir dos 11 anos, repartidos por grupos de idade, coordinados por un equipo de educadoras e educadores voluntarios. Creemos que a educación o é todo, polo que traballamos por un mundo máis xusto e solidario, onde o coidado do medio ambiente, o respeto aos dereitos humáns e o entendemento entre as persoas e os pobos sexa unha realidade.

img-20150805-wa0020

A misión do escultismo é contribuir á educación integral dos mozos e mozas para axudar a crear un mundo onde as persoas poidan desenvolverse como individuos e xogar un papel constructivo na sociedade. Para alcanzar esta misión, consideramos fundamental:

–  Educar na liberdade, xustiza, solidariedade e responsabilidade persoal e comunitaria, no marco da convivencia, o respeto e o servizo

– Promover aqueles valores espirituais, inherentes á persoa, que axuden a superar o individualismo e o materialismo, e favorezan a formación da súa personalidade

– Despertar o espíritu crítico e participativo, respetando a liberdade persoal e promovendo hábitos de vida saudable, que permitan analizar as ideoloxías e alternativas que a sociedade presenta para posteriormente elexir unha opción de vida

– Impulsar a comprensión e o desenvolvemento na nosa sociedade, promovendo o coidado e defensa do medio ambiente e estimulando acción de cooperación e servizo aos demáis

whatsapp-image-2016-10-08-at-20-21-54

As nosas actividades desenvólvense ao longo do ano do seguinte xeito:

Reunións semanaisFacémolas os sábados no noso local. Nelas realizamos obradoiros, dinámicas de grupo, planificación e preparación de actividades de exterior, xogos cooperativos, sempre tendo en conta as idades dos nenos e nenas.

Actividades de exterior:

–  Saídas dun día: trátase de roteiros de sendeirismo e actividades relacionadas ámbito cultural, social e xuvenil

– Campamentos: Normalmente facemos 3 campamentos de grupo: o primeiro é nun fin de semana de outubro, coincidindo coa inauguración do curso, despois na Semana Santa, que dura 4 días, e por último facemos un en verán, que se desenvolve ao longo da segunda quincena de xullo. Ademáis, cada rama fai as súas propias acampadas.

Actividades federativas: ao longo do curso desenvólvense actividades conxuntas co resto de grupos scouts galegos da nosa Federación, tanto no Encontro Scout, no que xuntámonos os grupos con tódalas súas ramas, como outras acampadas ou servizos que se fan por ramas.

Outras actividades: participamos en diversos eventos, como a xestión do «Toldo da Tafona» na festa dos maios do barrio de Canido, na recollida de alimentos co Banco de Alimentos-Banrial, colaborando coa asociación de veciños do barrio, así como noutras alternativas de tempo libre e acción social que se desenvolven en Ferrol e comarca, sempre intentando integrar a educación dos nenos coa vida social do noso entorno.